CRTVG

Buscar

Concentración de dor en Salceda

Publicado o 09/06/2019 14:44


Tremenda dor a que se vivía este domingo en Salceda, cando a familia e os amigos de Soufian se achegaban ao lugar onde faleceu. Minutos antes, os seus veciños participaban nunha concentración silcenciosa en recordo do mozo acoitelado na mañanciña do sábado.
A partir deste luns o seu corpo será velado no centro Islámico de Vigo ata que sexa trasladado a Marrocos, onde será soterrado.

O detido como presunto autor do acoitelamento, un mozo de 29 anos, veciño de Salceda, e coñecido como "O Alemán" continúa en dependencias da Garda Civil á espera de que este luns pase a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019