CRTVG

Buscar

Concentración da Plataforma de Pensionistas Compostela no Obradoiro

Publicado o 06/07/2020 15:36

A Platafoma de Pensionistas Compostela retomou hoxe as concentracións na praza do Obradoiro. Con este acto volveron reclamar unhas pensión dignas, pero tamén solicitaron uns servizos sanitarios a maiores e dependentes públicos e de calidade.

Os manifestantes insistiron en que seguirán coas súas protestas nos primeiros luns de cada mes ata que se recollan as súas reivindicacións.

Noticias web

06/07/2020

Máis sobre Santiago de Compostela