CRTVG

Buscar

Protesta contra a ocupación ilegal de vivendas no barrio coruñés dos Mallos

Publicado o 18/09/2021 21:08

Concentración multitudinaria no barrio coruñés dos Mallos en protesta pola ocupación ilegal de baixos e vivendas e pola inseguridade cidadá. Segundo a plataforma veciñal desta zona, as ocupacións comezaron coincidindo co primeiro confinamento pero a situación agravouse nos últimos meses.

Denuncian que agora mesmo están ocupados tres baixos comerciais e varios edificios. Alberto Pastoriza, dono dunha peixería, é un dos veciños afectados directamente. Hai pouco intentaron entrarlle no local onde garda mercadoría.

Os veciños denuncian que xa non se senten seguros pola rúa. Din que aumentaron os furtos e tamén o tráfico de drogas. A plataforma veciñal dos Mallos demanda máis presenza da policía de proximidade no barrio.

Noticias web

18/09/2021