CRTVG

Buscar

Concentración ante os xulgados de Vigo por unha suposta agresión familiar

Publicado o 14/06/2020 18:23

Concentración ante os xulgados de Vigo para protestar pola agresión sufrida este venres por unha veciña de Camos, en Nigrán. O suposto agresor, un curmán da vítima de 40 anos, está pendente de pasar a disposicion xudicial.

Está acusado dun delito de lesións. Supostamente agrediu a vítima cando esta se dirixía a tirar o lixo. A muller está ingresada no hospital Povisa debido ás graves lesións ocasionadas. A familia do detido asegura que os feitos non sucederon tal e como argumenta a familia da vítima, senón que respostou a unha agresión previa da muller.

Noticias web

14/06/2020