Concentración animalista na Coruña contra os campionatos de caza do raposo
Publicado o 27/01/2019 17:51
Varias asociacións animalistas concentráronse no Obelisco da Coruña contra a autorización de campionatos para a caza do raposo en Galicia. Denuncian que esta práctica deixa un balance de doce mil animais mortos por temporada e pídenlle ao Goberno galego que non permita nin subvencione este tipo de competicións. Onte celebrouse o campionato galego de caza do raposo nos municipios de Muros e Carnota.