CRTVG

Buscar

Concellos de máis de 5.000 habitantes piden que se teña en conta a dispersión da poboación

Publicado o 04/05/2020 15:17

O concello coruñes de Neda ten 5.079 habitantes repartidos en pequenos núcleos de poboación. As restricións horarias limitan as saídas dos veciños en todos eles.

"Eu non encontro a ninguén. A non ser cando vén o pan".

É unha situación que se repite nunha gran parte dos concellos galegos en contra do que sucede en Asturias, onde se toman como referencia os núcleos de poboación. A Delegación do Goberno en Galicia di que está a aplicar a interpretación correcta da orde de Sanidade, que tan só contempla excepcións no caso de entidades locais menores recoñecidas pola lei. Hai alcaldes que piden un cambio de criterio.

"Se o contaxio vén pola proximidade das persoas, habería que facelo por concentración ou espallamento da poboación", di José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo.

A Xunta de Galicia pídelle ao Goberno que aclare esta situación.

Noticias web

04/05/2020