CRTVG

Buscar

Concellos costeiros como Nigrán pecharán o acceso as praias duranrte a noite de San Xoán

Publicado o 22/06/2021 15:09

A partir das nove da noite de mañá, día 23, péchanse os accesos a todos os areais de Nigrán, e manteranse así, pechados ao uso público, ata ás oito da mañá do día 24. Será un San Xoán sen cacharelas na praia.

Diego García Moreira, cooncelleiro de Medio Ambiente, explica que Nigrán é "un concello con tradición de fogueiras de San Xoán que este ano de novo, igual que o ano pasado, por mor da pandemia, non vai permitir nin as reunións nin as fogueiras públicas. Haberá forzas de seguridade, coa Policía Local, coa Garda Civil e con Protección Civil tamén para velar que ninguén acceda as praias, para que a xente sexa o máis responsable posible, que é a gran maioría. Imos velar un pouco pola minoría irresponsable, por así dicilo".

O Concello de Nigrán concedeu autorización para 56 cacharelas privadas, porque este tipo de celebracións a nivel particular si están permitidas. Pero neste verán de 2021, a praia quedará baleira por San Xoán.

Noticias web

22/06/2021