CRTVG

Buscar

Concellos como o de Portomarín ofrecen servizos a domicilio para os veciños

Publicado o 04/04/2020 15:13

Este voluntario é un dos colaboradores que ten o Concello de Portomarín para axudar os veciños durante esta alerta sanitaria. Forma parte dunha serie de medidas adoptadas para que non teñan que saír á rúa.

No medio rural non todos os rapaces teñen acceso a Internet. Por eso concellos coma este de Portomarín ten en marcha iniciativas para imprimirlles a información e as tarefas escolares e logo levarllelas á casa.

A impresión lévase a cabo nas propias oficinas municipais. A actividade académica é das poucas que se mantén, iso si a distancia. Neste concello ofrécense para levarlles os apuntamentos a domilicio aos estudantes.

Non é a única prestación que ofrecen en Portomarín. Queren asegurarse de que os veciños leven esta situación o mellor que poidan.

Son iniciativas que serven para medir a calidade humana nos municipios pequenos.

Noticias web

04/04/2020