CRTVG

Buscar

Concelleiros por un día para debater sobre os dereitos do neno

Publicado o 19/11/2015 13:23

Os pequenos da Coruña protagonizan un pleno infantil no Concello

Sesión plenaria extraordinaria na Coruña en que os protagonistas foron escolares de oito centros públicos da cidade. Celebrouse con motivo do 26 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. Así que, durante días, estiveron traballando nas aulas, fundamentalmente os dereitos á saúde, á identidade, á protección e á asistencia médica. Convertidos en pequenos edís foron quen de discutir e mesmo achegar solucións a estes dereitos.

46 nenos de 8 colexios públicos da Coruña convertéronse en pequenos concelleiros durante varias horas para tratar sobre os Dereitos do Neno.

Expuxeron as súas ideas despois de falar, reflexionar e discutir durante varios días nas aulas. Ata foron quen de lanzarlle algunhas propostas ao alcalde da cidade que os escoitaba atentamente.

Tamén analizaron o estado de varios espazos da cidade e achegáronlle posibles solucións ao rexedor para poder melloralos, como foi o caso da estación de autobuses.

Este pleno, que tiña como obxectivo dar voz a estes pequenos cidadáns, celebrouse con motivo do 26 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. Os estudantes gozaron desta experiencia, así que quen sabe se destes pequenos edís por un día poderán saír grandes políticos no futuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2015