CRTVG

Buscar

Concecidas máis axudas para abrir 71 novas casas de maiores no rural

Publicado o 23/09/2021 16:03

Das novas casas de maiores que se van abrir nos vindeiros meses unha vai ser para Punxín, porque esta xa está completa. Flora foi a primeira usuaria e ao principio non quería ir.

"Non, pero agora estou contenta. Levámonos moi ben e querémonos todos moi ben", comenta Flora Vázquez, usuaria da casa do maior Arraigo á Terriña.

"E polo menos temos con quen charlar, porque, se estou na casa, por desgraza quedei viúva e víame soa", continúá ​Encarna González, é a última incorporación da casa de Punxín. 

José é tamén viúvo e coma o resto dos usuarios desexa que cheguen as 11 para estar todos xuntos ata a tardiña.

"Se non me sentira ben xa non estaba aquí, porque eu teño fillos e quérenme levar, pero eu estou contento e non saio de aquí", ​conta José López, leva 3 anos no centro

A partir dos 60 pódese solicitar praza nestas casas que só poden acoller cinco usuarios. Alí as horas pasan máis rápidas, séntense útiles, comparten vivencias e sobre todo non están sós.

"Son unha verdadeira piña, lévanse de marabilla entre eles, apóianse entre eles, iso impide que ingresen en residencia, permíteselle seguir en relación coa súa propia familia e non están inactivos. O señor José soe dedicarse aos traballos de horta e elas adoitan traballar o tema, fixeron máscaras ao principio e agora están facendo gorros e xa temos cerca de 2.000 para doar para o enxoval dos bebés da Xunta de Galicia", apunta Marina Justo, empregada na casa do maior de Punxín.

Noticias web

23/09/2021