CRTVG

Buscar

Con danzas, xigantes e cabezudos arrancan as festas da Coca de Redondela

Publicado o 19/06/2019 14:18

Hoxe comezan en Redondela as festas da Coca. Esta tarde xa haberá pasarrúas pola vila con xigantes e cabezudos, pero será mañá cando chegue o día grande coa danza das espadas e das penlas. Unha xornada en que tamén desfilará a Coca para que os veciños rememoren esa lenda que conta como venceron o dragón que roubaba as mozas de Redondela. Ás doce da mañá será a misa maior, coa procesión polas tradicionais alfombras florais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019