CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Con case 7.000 novos contratos esta Semana Santa, Galicia sitúase como a sétima comunidade en creación de emprego

Publicado o 16/03/2018 14:57
A Semana Santa está á volta da esquina e as previsións, en canto a contratacións, apuntan a un incremento de máis dun 9% con respecto á campaña do ano pasado. Galicia sitúase así entre as comunidades que máis emprego crearán nestas datas festivas. María Calvo. O maior tirón nas contratacións producirase en Pontevedra, onde se estima que se crearán uns 3.600 empregos. Séguelle A Coruña con case 2.600 novos contratos. Nas provincias de Lugo, con 390 empregos, e Ourense, con 350, o incremento será máis discreto. Estes datos indican que a Semana Santa en Galicia será de récord. O aumento do turismo é o principal responsable deste repunte nas contratacións. Así o revelan os perfís máis buscados para a Semana Santa. Especial importancia cobran os idiomas, onde agora o coñecemento do inglés xa non é suficiente. Outros sectores tamén se benefician indirectamente do aumento do consumo provocado polo turismo e necesitan reforzar os seus cadros de persoal. É o caso dos ramos da alimentación, a distribución, a loxística ou o transporte. Con case 7.000 contratos novos, Galicia, segundo a consultora Addeco, aumenta a contratación nun 9% con respecto ao ano pasado, e sitúase como a sétima comunidade española en creación de emprego para a Semana Santa. E se falamos das reservas, só na capital galega, os hoteis e as pensións están xa ao 80 por cento da súa ocupación. Os hostaleiros agardan que a ocupación aumente coas reservas de última hora. Esperan salvar así un mes de marzo peor do que é habitual para o sector do turismo en Compostela.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí