CRTVG

Buscar

Comunícanse 21.387 casos novos, malia que a incidencia segue á baixa en España

Publicado o 05/08/2021 18:23
Comunícanse 21.387 casos novos, malia que a incidencia segue á baixa en España

Este xoves notificáronse 21.387 novos casos da covid en España. Deles, 11.315 foron diagnosticados nas últimas horas. Estes datos elevan a 4.566.571 a cifra total de contaxios, segundo as cifras de Sanidade.

Por outra banda, a incidencia acumulada a 14 días baixa novamente e sitúase en case 615. Onte era de 633. Pero notifícanse máis mortes ca na xornada anterior, 87. Dende que comeceu a pandemia faleceron máis de 80.000 persoas no país. 

Mentres tanto, nos hospitais hai 10.004 pacientes ingresados por mor da covid e deles 1.925 están en unidades de críticos.