Comuneiros de Salcedo queren poñer en valor o seu monte cun poboado neolítico
Publicado o 11/10/2019 14:29
Facer do monte un elemento multifuncional que permita, ademais do aproveitamento madeireiro, ser un lugar de ocio e de posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural. Son os piares en que se asenta o proxecto da aldea neolítica impulsada pola Comunidade de Montes de Salcedo.
Trátase dun proxecto arqueolóxico experimental que recrea un poboado da Idade de Cobre a través de pallozas, currais e foxas de almacenaxe, entre outras zonas.
Un espazo de ocio e tamén un recurso didáctico e formativo que incluirá nunha segunda fase un centro de interpretación.
O parque arquelóxico será inaugurado na fin de semana do 19 de outubro.