Os comuneiros de Oia soben a recompensa a 1.600 euros para atopar quen maltratou os cabalos
Sobe a recompensa que ofrecen os comuneiros para aquel que dea información sobre a morte a golpes dos cabalos en Oia. Tres particulares, gandeiros e comuneiros, incrementaron ata 1.600 euros a recompensa para quen poida dar unha pista sobre a morte a golpes dos cabalos de Oia.
A Asociación Naturalista Baixo Miño lanza unha mensaxe en que fai un chamanento para que se denuncie este caso, e destacan que o encubrimento desta violenta matanza, supón tamén un delito. Nun principio ofrecéranse 500 euros por calquera información que permitira dar cos culpables. Os catro cabalos morreron como consecuencia de propinarlles fortes golpes cunha barra de ferro, segundo a investigación que leva a cabo o Seprona. Ademais, quedaran feridos 5 exemplares máis.