CRTVG

Buscar

Os comuneiros do Viso fan unha plantación en Redondela para crear faixas verdes

Publicado o 10/03/2019 17:27

A comunidade de montes do Viso, Redondela, conmemora o seu día da árbore cunha plantación para facer unha mellora do medio natural e do seu ecosistema. Deste xeito diversifican o monte con diferentes frondosas para mellorar que o seu monte se defenda mellor do lume. Os veciños animáronse a participar nesta xornada en que houbo tamén cativos.

Seleccionaron os terreos estratéxicos, con bo solo para plantar frondosas. Nesta ocasión elixiron o castiñeiro microrrizado para que no futuro poida haber cogomelos asociados a esta árbore e que haxa castañas que poidan recoller os veciños. Deste xeiro crean tamén franxas verdes para mellorar a defensa contra os incendios forestais.

Con esta plantación, a comunidade de montes do Viso, en Redondela, conmemora o seu día da árbore. Unha actividade que estivo aberta a todos os veciños e na que se implicaron os máis cativos. Grazas ás ganas de traballar deste veciños conseguirán un monte con recursos tanxibles.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019