Compromiso por Galicia e PNV comparten coalición para as europeas: CEUS
Publicado o 06/05/2019 15:32

Compromiso por Galicia concorrerá ás eleccións europeas como parte dunha nova coalición. Baixo o nome CEUS, Coalición por unha Europa Solidaria, compartirá espazo co PNV, Coalición Canaria, Geroa Bai, Proposta por les Illes e Demòcrates Valencians.
Na presentación, o presidente do PNV, Andoni Ortuzar, asegurou que teñen un espírito europeísta, que avoga polo respecto ás minorías sociais e lingüísticas.