CRTVG

Buscar

Compradores e turistas enchen o mercado semanal de Valença do Miño

Publicado o 07/08/2019 14:14

Un plan clásico no sur da provincia de Pontevedra para un mércores de agosto chuvioso é visitar a feira da cidade fronteiriza de Valença, en Portugal. Con ou sen sol, o certo é que, coa suma de galegos e de turistas, este mes do verán adoita ser dos máis animados en afluencia e en vendas neste mercado luso.

Hai un lugar en que non importa que o verán veña chuvioso ou anubrado. É máis, case o prefiren.

Cando un mércores de agosto non está a cousa para a praia, no sur da provincia de Pontevedra saben ben onde acudir. O clásico é vir á feira de Valença do Miño.

Os galegos representan a clientela principal deste mercado, pero nos meses de verán tamén os turistas se deixar caer por aquí.

Aínda que as vendas xa non son as que foron, segundo din os comerciantes, este mercado integrado por máis de 300 postos segue sendo dos favoritos dos pontevedreses.

Noticias web

07/08/2019