CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Compostela modificará unha ordenanza para que as mascotas viaxen no autobús urbano

Publicado o 17/01/2014 20:52

Os animais de compañía serán os novos pasaxeiros dos autobuses urbanos de Santiago de Compostela. Unha campaña lanzada na Internet fixo que o goberno municipal se sensibilizara co tema. A veterinaria Carme Seoane foi quen impulsou esta iniciativa a raíz dunha queixa na súa clínica.Para que isto se faga posible hai que modificar unha ordenanza que incluirá só aquelas mascotas que poidan ser transportadas en cestas, bolsos ou transportíns. Entre os composteláns hai diversidade de opinións. Esta medida xa se leva a cabo noutros países europeos dende hai tempo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

17/01/2014