CRTVG

Buscar

Compostela Ilustrada debuxa o verán de Santiago

Publicado o 07/08/2020 15:16

A valenciana María Herreros pinta un mural nos soportais do Museo das Peregrinacións. Como sempre adoita facer ao chegar a unha cidade, antes de empezar o proxecto buscou e documentouse sobre as súas personaxes femininas.

En Santiago elixiu as Marías.

María Herreros ten unha ampla traxectoria. Desenvolveu por todo o mundo os seus distintos proxectos artísticos, comerciais ou editoriais.

Con este mural empeza unha nova edición de verán de 'Compostela ilustrada' en que cinco debuxantes ofrecerán obradoiros, mesmo de pintura con viño, encontros e distintas actividades para os amantes do debuxo.

Remata o mural mañá e na edición vindeira vai ser exposto xunto con outras obras de convidados a Compostela ilustrada.

Noticias web

07/08/2020