CRTVG

Buscar

Compostela-Español B, Bergantiños-Cirbonero, Rácing Vilalbés-Pulpileño e Alondras-Langreo

Publicado o 15/05/2018 10:01

Os nosos equipos de 3ª, con aspiracións de ascender á 2ª B, tamén teñen definidas as súas primeiras eliminatorias.

O Compostela, campión de grupo da Terceira, recibe o filial do Español. Comezará a eliminatoria en San Lázaro. Se gaña, ascenderá a 2ª B. Para o resto de equipos galegos, o camiño será máis longo. O Bergantiños medirase co equipo navarro do Cirbonero. O Rácing Vilalbés quedou emparellado co Pulpileño de Almería. E finalmente o Alondras recibirá o Langreo. A ida, xa saben, o 20 de maio, a volta o 27. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2018