CRTVG

Buscar

Compostela e Barco comezan a pelexa polo ascenso a 2B (19:30 na G2)

Publicado o 18/07/2020 12:51

A festa do fútbol galego arranca este serán, en Balaídos e faino co campión da fase regular e favorito, o Compostela. Terceiro playoff consecutivo. E o Centro de Deportes Barco. Novato. Cuarto na Liga e esperanzado polos efectos do parón.

Os dous equipos levan seis semanas de preparación, pero sen amigables. Sen referencia. Por iso todos sinalan que este playoff é unha incógnita. Unha incógnita que pode amplificar a calidade de Primo, Brais e compaña.

Como tamén minguala e facer medrar as de David, Pisón, Rubén. Os que marcan a diferenza no Barco. En caso de empate, a norma establece que pasa o Compos.


 

Noticias web

18/07/2020