CRTVG

Buscar

Compostela celebra o Día Internacional da Danza con 'Danza en tránsito'

Publicado o 29/04/2019 21:38

En tránsito porque cada paso é arte. En tránsito porque alguén dixo un día "todo no universo ten ritmo". En tránsito porque se move. E en definitiva, en tránsito, porque busca sorprender, sentir e gozar da danza en lugares de tránsito. 

Danza en tránsito ponlle alma ao ferrocarril, aos atubuses e ao aeroporto compostelán. "Aquí bailo aquí", no lugar onde pasamos, onde hoxe os billetes e as maletas móvense ao ritmo de baile tradicional, urbano, contemporáneo, acrobático ou a máis que necesaria danza inclusiva, unha arte que rompe barreiras.

O Día Internacional da Danza convida desde todos os espazos do mundo, da natureza ou da arquitectura, a vivir e sentir en movemento. Convídanos a facer desta linguaxe universal a coreografía das nosas vidas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019