CRTVG

Buscar

Complicado rescate dun home nos cantís de Valdoviño

Publicado o 16/01/2021 14:42

E podemos amosarlles imaxes dun rescate. É unha das últimas intervencións dos equipos de Salvamento Marítimo en Galicia. A tripulación do helicóptero Helimer 402 foi mobilizada logo de recibir aviso de que un home caera nuns cantís de Valdoviño. Foi nunha zona complicada, na que era imposible o rescate por terra. Había moito mar e as ondas eran unha ameaza, pero conseguiron rescatalo e trasladalo a un centro sanitario para que o atendesen das súas feridas.

Noticias web

16/01/2021