Complicado rescate dun cabalo que caeu ao mar en Baiona
Sorprendente rescate dun cabalo no cabo Silleiro, un punto de Baiona onde rompe o mar con forza. Un veciño vira o cabalo só por Sabarís a noite anterior e deu a voz de alarma, xa que camiñaba polo medio da estrada.
A policía localizouno e intentaron capturalo, pero o animal escapou e acabou caendo ao mar, quedando atrapado entre unhas rochas nunha zona coñecida como Fornos. Os axentes puxeron en marcha entón un operativo para rescatar o cabalo. Un rescate moi laborioso.
Tiveron que empregar un guindastre e tardaron más de tres horas en sacalo dun acantilado de 10 metros de altura. Os donos do animal trasladáronse á zona e fixéronse cargo del.
O cabalo non sufriu ningún dano, e saíu san e salvo desta aventura de Nadal, que afortunadamente tivo un final feliz, grazas á Policía Local de Baiona.