CRTVG

Buscar

Complétase o xurado para xulgar o crime de Ana Enjamio

Publicado o 29/11/2019 11:28

A Audiencia de Pontevedra xa ten candidatos suficientes para formar o xurado polo crime de Ana Enjamio. O xuízo celebrarase nos xulgados vigueses o vindeiro 9 de decembro.

Resultou moi complicado formar o xurado, xa que foron numerosas as renuncias. Isto obrigou a aprazar a vista que se ía celebrar o 14 de novembro. Xa completado o xurado, o único procesado, César Adrio, sentará no banco dos acusados dentro de 10 días.

Supostamente, asasinou a Ana Enjamio no portal da súa casa en decembro de 2016. A fiscalía solicita para o acusado penas que suman 27 anos de prisión polos supostos delitos de asasinato, acoso e violación da intimidade.

Noticias web

29/11/2019