CRTVG

Buscar

Complétase o 80% do saneamento da ría de Arousa

Publicado o 30/07/2019 20:51

Preto de 14 millóns de euros en execución para o saneamento de augas na ría de Arousa, é a cifra que deu a coñecer a Xunta despois de presentar ás confrarías da zona o seu Plan local de xestión de augas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou os investimentos realizados en concellos como Ribeira e recalcou como reto para o futuro a mellora das augas en Vilagarcía e Vilanova de Arousa, xunto coa ampliación da depuradora de Cambados.

Pola súa parte, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou a mellora de 27 zonas de produción marisqueira e mexillón, que pasan de cualificación C a B.

Noticias web

30/07/2019