CRTVG

Buscar

Complétase con éxito o simulacro de transmisión de datos do escrutinio de cara ao 26M

Publicado o 18/05/2019 14:28

Os representantes da administración encargados de coordinar este proceso, uns 3.000 en toda Galicia, fixeron un novo simulacro do proceso de envío dos datos e resultados electorais de cara ao 26M.
Tal e como acontecerá nesa xornada, esta mañá enviaron primeiro os datos de constitución das mesas, despois os avances da participación e finalmente fixeron unha simulación do escrutinio...Segundo informou a Delegación do Goberno, todo saiu correctamente.
Os erros informáticos da semana pasada, que impediron a transmisión dos datos, quedaron solventandos este días.

Nos vindeiros comicios, hai un cambio da empresa que se fai cargo do proceso. Nas eleccións xerais foi Indra, unha das empresas con máis experiencia en escrutinios. Nos comicios do 26-M será a compañía barcelonesa Scytl, tras facerse co concurso.
Esta empresa está especializada no desenvolvemento de software de seguridade para votacións electrónicas.
Ademais, o proceso de transmisión dos datos tamén cambia, antes realizábase cunha tablet, agora será cunha aplicación no móbil.

O escrutinio no 26 M non será tan rápido como nas Xerais. Nesta ocasión non se completarán ata a madrugada do luns. Segundo a lexislación, primeiro tense que escrutar o voto das europeas, e non se poderán dar datos do reconto ata que pechen os colexios electorais de todos os países. Italia será o último en facelo ás once da noite.
Aquí en España, tras o escrutinio das europeas seguirá, por esta orde, o das municipais e finalmente o das 12 comunidades autónomas onde se celebran eleccións e os cabildos insulares...

Noticias web

18/05/2019