Competicións de videoxogos e arte dixital no Xuventude Galicia Net en Silleda
Publicado o 10/10/2021 20:26
Preto de 500 persoas participan en Silleda no encontro Xuventude Galicia Net. O encontro ofrece ata 40 actividades lúdicas e formativas sobre novas tecnoloxías.
Por segundo día, compiten en oito torneos de videoxogos. Pero tamén hai concursos de arte dixital, fotografía, curtametraxes ou ilustración.
O certame, que se celebra no recinto da Feira Internacional de Galicia, rematará este luns coa entrega dos premios.