CRTVG

Buscar

Competición propón darlle o partido por perdido ao Fuenlabrada

Publicado o 30/07/2020 22:17

Trátase dunha medida cautelar proposta polo xuíz instrutor

Novidades de última hora no caso Fuenlabrada. O xuíz instrutor do Comité de Competición acaba de propoñer como medida cautelar que lle dean o partido por perdido ao Fuenlabrada.

Esta noticia chega despois de que o club madrileño volvese esquivar a súa citación para declarar, que foi adiada sen nova data. O Fuenlabrada ten previsto volver mañá a Madrid coa meirande parte da súa expedición se nas próximas horas non hai novos positivos. Fixeron coincidir o seu retorno coa citación que teñen pendente.

O Fuenlabrada gaña tempo para a súa defensa. O que tamén é curioso é que digan que volven a Madrid só unhas horas despois de dicir que queren xogar o partido co Deportivo o domingo. O caso Fuenlabrada está collendo máis xiros que Serramoura.

Noticias web

30/07/2020