CRTVG

Buscar

Competencia investiga Idealista e outros seis portais inmobilarios por inflar os prezos dos alugueiros

Publicado o 19/02/2020 18:41
Competencia investiga Idealista e outros seis portais inmobilarios por inflar os prezos dos alugueiros

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia sospeita que Idealista e outros seis portais inmobiliarios se puñan de acordo para inflar os prezos dos alugueiros. O propio deseño do programa informático e os algoritmos cos que traballan estes portais facilitarían esta suposta coordinación. De confirmarse, sería unha infracción moi grave que pode carrexar multas de ata o 10% do volume de negocio das empresas implicadas. De momento, Idealista xa saíu ao paso: negou rotundamente estas prácticas e ofreceuse a colaborar na investigación, que ten un prazo de 18 meses para chegar a unha conclusión.

Noticias web

19/02/2020