CRTVG

Buscar

Comparecen no xulgado os técnicos investigados polo accidente do Marisquiño

Publicado o 21/11/2019 14:31

Comezan as primeiras declaracións perante a xustiza para esclarecer responsabilidades sobre o accidente do Marisquiño acontecido hai un ano en Vigo. Esta mañá estaban chamados a declarar o xefe de infraestruturas do Porto e a súa directora.

Beatriz Colunga chegaba aos xulgados antes das doce da mañá e arestora segue prestando declaración pola súa suposta responsable civil no accidente. Dúas horas antes era a quenda de Enrique Escolar, técnico portuario, que non declarou alegando o seu avogado falta de tempo para ler os informes xudiciais sobre a causa.

Mañá será a vez de varios técnicos do Concello e doutro responsable do Porto de Vigo. O accidente do Marisquiño producíase no mes de agosto de pasado ano, deixando un balance de máis de 400 feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019