CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Comparecen na Audencia Nacional os detidos de Resistencia galega

Publicado o 02/11/2015 13:54
O xuiz da Audiencia Nacional Eloy Velasco interrogou esta mañá en Madrid oito dos nove detidos o venres pasado nunha operación contra o entorno de Resistencia Galega...

Un deles quedaba onte en liberdade dado o seu estado de saúde. O resto chegou á Audiencia Nacional minutos despois das dez desta mañá en varios furgóns policiais. Todos os arrestados forman parte de Causa Galiza, unha organización que os investigadores consideran o brazo político de Resistencia Galega. Foron detidos pola súa participación en presuntos actos de enaltecemento do terrorismo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí