CRTVG

Buscar

Comparece nos xulgados o cura de Seixalbo, acusado de acosar un acólito

Publicado o 15/05/2019 21:31
Comparece nos xulgados o cura de Seixalbo, acusado de acosar un acólito

Comparece nos xulgados o párroco da localidade ourensá de Seixalbo, acusado dun delito de acoso a un menor que colaboraba como acólito. Investígase o suposto envío por parte do relixioso de case 700 mensaxes de WhatsApp en tres semanas ao mozo, menor de idade.

Os feitos transcenderon no mes de marzo, cando o bispado emitiu un comunicado e decidiu suspendelo cautelarmente de toda tarefa pastoral ata o remate da investigación.

O párroco, de 78 anos, acolleuse o seu dereito a non declarar, como xa fixera perante a policía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019