Compañeiros de Alejandro Paleo felicítano no seu aniversario
Publicado o 10/10/2021 17:28

Hoxe é o aniversario de Alejandro Paleo Mosquera, 40 anos que vai celebrar peladeando cara a Dinamarca para entregar en man unha carta aos directivos que ameazan con pechar a fábrica na que traballa el e mais outros 114 compañeiros. Precisamente, os seus compañeiros quixeron felicitarlle o día.