CRTVG

Buscar

Cómodo debut da selección de Alberto Abalde ante a anfitrioa Xapón (77-88)

Publicado o 26/07/2021 16:17
Cómodo debut da selección de Alberto Abalde ante a anfitrioa Xapón (77-88)

A selección española de baloncesto debutou hoxe contra a anfitrioa Xapón nos Xogos Olímpicos de Tokyo.

Nos primeiros momentos do encontro, os nipóns aguantaron as acometidas do cadro de xogadores español. A priori, de moita máis calidade e potencia.

Nese quinteto inicial estaba o xogador galego Alberto Abalde. O aleiro do Real Madrid xogaría un total de dezasete minutos no encontro e acadou dous puntos, dous rebotes e unha asistencia.

O partido foise desequilibrando a partir do segundo cuarto; os españois, liderados por Ricky Rubio, afastábanse no marcador e ampliaban a súa vantaxe.

A selección anfitrioa amagou por momentos con recortar distancias, pero España soubo pechar o partido, e o resultado de 77-88 foi definitivo.

Noticias web

26/07/2021