CRTVG

Buscar

Cómoda vitoria do Leite Río Breogán ante o Oviedo 80-66

Publicado o 23/12/2020 21:59

Cómoda vitoria do Leite Río Breogán, a sexta consecutiva, diante do Oviedo, que o afianza no liderado. Un triunfo que se cimentou sobre todo no terceiro cuarto, cado acadou unha vantaxe de vinte puntos.

O traballo defensivo de Sergi Quintela viuse secundado polo acerto dende a liña de tres, de xogadores como Larsen e Soluade. Os asturianos intentaron restar vantaxe no último cuarto, pero a diferenza era xa grande. 80-66 foi o resultado final. 

Noticias web

23/12/2020