CRTVG

Buscar

Como serán as vacacións dos galegos este verán?

Publicado o 22/05/2020 15:54

Estas imaxes van mudar en España e Galicia. A COVID-19 modifica o comportamento dos galegos e o turismo. Máis da metade din que non van ir de vacacións, segundo unha enquisa de EY Partenon, son os máis pesimistas de todo o Estado.

Os galegos son tamén os que máis valoran a flexibilidade de datas e condicións nas futuras viaxes.
A enquisa indica que vai haber menos vacacións no estranxeiro e máis turismo nacional.

O ocio cambia, e nisto os galegos son os que menos pensan en restrinxir os gastos en bares e restaurantes cando remate a pandemia, un 26 por cento.

Noticias web

22/05/2020