CRTVG

Buscar

Como recuperarse dos excesos do Nadal?

Publicado o 11/01/2017 20:40

Despois das festas, son moitos os que estes días van aos mercados á procura de alimentos lixeiros

Comidas abundantes, doces e alcol... é o que ten o Nadal. Os excesos páganse e por iso son moitos os que estes días van aos mercados á procura de alimentos lixeiros.

Rematou o Nadal, e con el tamén dicimos adeus aos excesos na mesa. 

Os especialistas en nutrición calculan que durante estas festas engordamos uns 3 quilos de media. Por iso co cambio de ano as froitas e verduras se converten nos mellores aliados para recuperar hábitos saudables.

A oferta é ampla e variada. Aínda que algúns, por efecto da demanda, tamén comezan cunha escalada de prezos.

Na nosa man e na nosa mesa está agora a chave para combater os excesos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017