CRTVG

Buscar

Como producir viño nutrindo e sen deixar refugallos

Publicado o 01/08/2020 16:00

Devolverlle á terra o que nos dá e que a explotación que se fai dela sexa o menos lesiva posible é a filosofía que defende un proxecto desenvolvido entre unha adega da denominación de orixe Ribeira Sacra, outra da denominación Rías Baixas e as universidades de Vigo e de Santiago. O proxecto consiste en aproveitar os restos da vendima para facer compost. Unha iniciativa que xa está a espertar interese fóra das nosas fronteiras.

Jorge Domínguez leva máis de vinte anos traballando e investigando coa vermicompostaxe na Universidade de Vigo.Tamén traballou cos refugallos da vendima para facer compost.

Canda Joge traballa Vítor. Tamén é doutor.
Agora estamos nunha especie de laboratorio con reactores de humus.
Neste reactor hai 150 xeracións de miñocas adapatadas a procesar bagazo de albariño. Haberá entre 15.000 e 20.000 vermes por metro cúbico. Cantiade que sería abonda para facer o compost necesario dende que se vendima ata que se fertilizan as vides. 
No caso das uvas de mencía, ademais, o compost fíxose dos refugallo das uvas destiladas.

Imos á Ribeira Sacra para coñecer a aplicación destas investigacións.
Evaristo, o propietario desta adega está fertilizando as súas vides con este compost. Tanto as novas como as vellas.

Ademais, este fertilizante mellora o resultado final.

Evaristo cre que pechar o ciclo sen residuos é o obxectivo de calquera agricultor e viticultor responsable.
Adegas de Francia e Portugal xa amosaron o seu interese por este xeito de facer.

 

 

 

 

 

Noticias web

01/08/2020