CRTVG

Buscar

Como podemos combater a calor? Os sanitarios aconséllannos

Publicado o 06/08/2020 22:37

Estamos no verán e o habitual é que vaia calor. Porén, hai días coma estes en que as temperaturas alcanzan valores que poden provocar efectos negativos na nosa saúde. Efectos aos que neste atípico verán se une, en moitos casos, o estrés e a ansiedade derivados da situación de pandemia.

Manuel Viso, médico especialista en hábitos saúdables: "É verdade que andamos todos, ou parte da paboación, cun pouco de ansiedade e isto pode ser que percibamos estas vagas de calor con máis amplitude, que nos sintamos máis afogados e sobre todo porque temos que levar a máscara, pero isto é indispensable, temos que levala".

Os problemas físicos producidos pola calor excesiva son, entre outros, cansazo, dores de cabeza, mareos e vómitos. Para combatelos, estes son algúns consellos médicos.

Manuel Viso: "Dende non saír da casa nas horas centrais do día, entre as doce e as seis da tarde, tomar moitos líquidos, non esperar a ter moita sede, hidratarse con frecuencia, sobre todo, con auga; evitar, sobre todo, o alcol, bebidas con cafeína, bebidas moi azucradas. Comer non moita cantidade, pero si repartir as comidas, sobre todo, tomar cousas frescas".

As persoas máis susceptibles a sufrir un golpe de calor son os nenos menores de cinco anos, os maiores e aquelas persoas que teñan algunha enfermidade crónica.

Noticias web

06/08/2020