CRTVG

Buscar

Como manterse en forma durante o confinamento

Publicado o 16/03/2020 23:13


Durante o tempo que dure o confinamento, botaremos en falta a posibilidade de facer exercicio ao aire libre ou en instalacións deportivas, pero non hai escusa para caer no sedentarismo. Os nosos maiores, especialmente, deben manterse activos.

Os que estén habituados a facer exercicio, mesmo de alta intensidade, tampouco teñen escusa. Hai métodos como o Tábata que nos permitirán manter a forma física.

Co único peso do noso corpo, ou un par de garrafas de auga, temos o ximnasio na casa.

Noticias web

16/03/2020