CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Como cada 25 de xullo, misa en lembranza de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval

Publicado o 25/07/2018 21:36
Como cada 25 de xullo, esta tarde celebrouse tamén unha misa en lembranza de Rosalía de Castro, unha homenaxe que comezou en 1932 en latín e que dende 1965 se oficia en galego. Foi a primeira cerimonia relixiosa que se fixo no noso idioma e así segue facéndose. Dende entón, neste día xúntanse en San Domingos de Bonaval autoridades, partidos políticos e entidades culturais para reivindicar o dereito a recibir misa en galego e para participar nunha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres, nas tumbas de Rosalía e de Castelao.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

25/07/2018