CRTVG

Buscar

Como actuar ante un atragoamento

Publicado o 11/10/2019 15:23

Todos podemos sufrir atragoamentos, pero son máis habituais en xente que mastiga mal como nenos pequenos, xente maior e persoas con problemas neurolóxicos. Figuran como a terceira causa de morte accidental en España, por riba dos sinistros de tráfico. O perigo está no tamaño da comida que inxerimos.

O médico do 061, xefe da base de Santiago, Carlos Cebeiro cóntanos que o que máis sacan das bocas de atragoados son anacos grandes de carne e verduras tipo grelo.

Se nos encontramos na situación, o primeiro é non perder os nervios e animar a persoa a tusir. Se persiste o atragoamento, chame axiña a emerxencias e logo interveña.

O 061 ensina esta manobra nos centros educativos que o piden. Coñecela axudaría a evitar as miles de mortes por atragoamentos que hai ao ano en todo o estado. En 2017 foron 2.336.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019