CRTVG

Buscar

Ao longo da mañá saberase se as restricións afectan o peche individual dos concellos

Publicado o 13/01/2021 09:57

• A hostalería de toda Galicia pechará ás 18:00 h

• As xuntanzas limitaranse a catro persoas, sexan ou non conviventes

• O presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade comparecen ás 11:30 para dar a coñecer as medidas → Sigue aquí a conferencia de prensa

Endurécense as medidas en toda Galicia. Ás 11:30, o presidente da Xunta vainas dar a coñecer.

Cousas que xa sabemos: a hostalería pechará en toda a comunidade autónoma ás seis da tarde. Esta é unha das consecuencias de situar todos os concellos galegos nos dous niveis máximos de restricións. As xuntanzas limitaranse a catro persoas sexan ou non conviventes.

Nestes momentos hai dous niveis de restricións. No nivel máximo situaríanse unha vintena de concellos que só poderían atender os seus clientes en terraza ata as seis da tarde e cunha limitación de capacidade do 50 %.

O resto dos concellos pasarían a estar no nivel de restricións medio-alto. Implicaría o peche ás seis da tarde, pero cunha ocupación en terraza do 50 % e dun 30 % no interior.

Queda por saber se finalmente se adoptan restricións na molidadade, se quedan pechados de forma perimetral e individual cada un dos concellos galegos.

Está por ver se nas zonas con peores datos se establecen a maiores outras restricións, como o peche de actividades non esenciais. 

 

 

Noticias web

13/01/2021