CRTVG

Buscar

Comisión Alvia: ex altos cargos defenden a posta en funcionamento da liña

Publicado o 05/12/2018 17:48

Primeiras comparecencias na comisión que investiga no Congreso o accidente de Angrois, desde que o xuíz deu por rematada a instrución. Responsables ferroviarios dos anteriores gobernos defenderon que a posta en funcionamento da liña se autorizou con todos os documentos esixidos. 

O ex-director xeral de infraestruturas na época de Xosé Blanco á fronte do Ministerio de Fomento, nega precipitación na inauguración da liña. Di que se cumpriron os prazos comprometidos, e que o de Angrois non era un punto especialmente perigoso da rede.

Tamén compareceu o ex-director xeral de ferrocarrís durante o mandato de Ana Pastor en Fomento. Manuel Niño defendeu a desconexión do sistema ERMTS pola falta de fiabilidade do sistema, que deixaría o tren baixo a decisión exclusiva do maquinista. 12 35 35

Os dous comparecentes consideran que se autorizou a posta en funcionamento da liña con todos os informes necesarios.
 

Noticias web

05/12/2018