CRTVG

Buscar

Comisan un peixe espada de 245 quilos no porto da Coruña

Publicado o 29/07/2020 14:57

A Garda Civil interceptou nas últimas horas preto do porto da Coruña dúas furgonetas con peixe e marisco sen definir a orixe nin a documentación regulamentaria para a súa venda.

Entre o produto comisado destaca un impresionante peixe espada, que pesa nada menos que 245 quilos, máis do dobre do habitual.

Os axentes doaron o exemplar ao banco de alimentos da cidade.

Noticias web

29/07/2020