CRTVG

Buscar

Comisan un milleiro de plantas de marihuana en Barreiros

Publicado o 20/12/2019 19:10

Descobren en Barreiros unha instalación industrial para o cultivo de marihuana. Estaba no baixo dun chalé. Incautáronse dun milleiro de plantas que xa superaban o metro e medio de altura. Foi o elevado consumo eléctrico da vivenda o que puxo os axentes sobre a pista desta actividade delituosa. Hai dous detidos, pero non se descartan máis detencións, xa que a investigación segue aberta. Están acusados dun delito de tráfico de drogas e a dona do inmoble tamén terá que responder por un delito de defraudación de fluído eléctrico.
 

Noticias web

20/12/2019