Comisan trinta e unha plantas de marihuana nos concellos de Mondariz e Salvaterra de Miño
Publicado o 01/09/2021 14:08

A Garda Civil incautouse de trinta e unha plantas de marihuana nos concellos de Mondariz e Salvaterra de Miño.
Nun invernadoiro de Mondariz, os axentes descubriron dezasete plantas de marihuana e identificaron unha parella como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.
En Salvaterra localizáronse dúas plantacións, unha onde se incautaron de dez plantas e outra en que se investiga o responsable polo cultivo de catro plantas. A instrución corre a cargo arestora do xulgado de Ponteareas.