CRTVG

Buscar

Comisan máis de 500 pastillas de Viagra a unha pasaxeira no aeroporto de Alvedro

Publicado o 05/01/2021 08:53
Comisan máis de 500 pastillas de Viagra a unha pasaxeira no aeroporto de Alvedro

O destacamento Fiscal da Garda Civil do aeroporto de Alvedro en colaboración coa Dependencia Rexional de Aduanas de Galicia, comisou 576 pastillas de Sildenafil-100 (un dos nomes comerciais do medicamento xenérico da Viagra).

Os feitos ocorreron cando efectivos desa unidade estaban realizando un control selectivo de equipaxes. No transcurso do mesmo a Garda Civil requiriu a unha das pasaxeiras dun voo con orixe na República Dominicana para a inspección da súa equipaxe. Durante esa revisión, os gardas civís observaron varios vultos de roupa que lles pareceron sospeitosos. Os axentes separon as pezas que os compoñían, e atoparon ocultas entre elas esas 576 pastillas de Sildenafil-100, carecendo esta persoa de documentación que acreditase a súa tenenza ou circulación.

Os gardas civís procederon á incautación das pastillas e á confección da correspondente acta-denuncia por suposta infracción á Lei de contrabando